O Concello de Crecente dispón do servizo de policía local (auxiliar/vixilante), que ten como misión a protección do libre exercicio dos dereitos e liberdades e garantir a seguridade cidadá.
Ten encomendadas unha serie de funcións que son:
Custodiar e vixiar bens, servizos, instalacións e dependencias municipais.
Ordenar, sinalizar e dirixir o tráfico no solo urbano legalmente delimitado, de acordo coas normas de circulación.
Velar polo cumprimento das ordenanzas, bandos e demais disposicións e actos municipais dentro do seu ámbito de competencia.
Participar nas tarefas de auxilio ao cidadán e de protección civil, de acordo co disposto nas leis.
Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.