Concello de Crecente

Noticias

Esta fin de semana o Concello deu comezo as actividades de lecer programadas para o mes de agosto.

Coa colaboración da Xunta de Galicia, a trvés do AGADIC, e con cargo á subvención para o fomento das Artes Escénicas e musicais nos concellos con motivo do Xacobeo 20-21: Cultura no camiño, o Concello de Crecente organiza tres actividades dirixidas ao público en xeral, para animar ás fines de semana do mes de agosto.

A compañía Oidako, co espectáculo "Tempos modernos" abriu o "verán cultural" o pasado día 6 de agosto, dando paso a unha fin de semana de música clásica e folk.

O venres día 20 ás 22.00h, circo, maxia e humor, daranse cita na praza do concello e o sábado 28 de agosto, ás 20.00h recibiremos no concello a vista de "Seres fantásticos"

Ambos espectáculos "A gran gala do circo, maxia e humor" e "Seres fantásticos" serán a cargo da compañía Especialistas Hípica Celta, galegos cunha ampla traxentoria na nosa comunidade autónoma e fóra dela e con espectáculos dirixidos a todos os públicos que nunca decepcionan.


 
Xunta de Galicia
Deputación de Pontevedra
BOE
Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra
DOG
Sede Electrónica Castastro
ORAL - Xestión Tributaria e Catastral
Portal de Transparencia
Concello de Crecente
  • Rúa Solís Ruiz, 5 - 36420 Crecente (Pontevedra)
  • Teléfono: (+34) 986 666 300
  • Email: info@crecente.es

Horario

  • De luns a vernes de 9:00 a 14:30

Parroquias

  • Albeos, Ameixeira, Angudes, Crecente, Filgueira, O Freixo, Quintela, Rebordechán, Ribeira, Sendelle e Vilar.

© 2020 Concello de Crecente - Todos os dereitos reservados // Deseño maquetación e programación web a medida Grupo5.com

Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.

Política de Cookies Aceptar