Concello de Crecente

Noticias

O subcomité clínico que fai seguimento da evolución da covid-19 na nosa comunidade aprobou un protocolo de prevención da covid-19 nos cemiterios de Galicia ante a festividade de Todos os Santos e Defuntos, tendo en conta que este xornada conleva a agrupación nos cemiterios de persoas nun curto período de tempo, moitas delas vulnerables, o desprazamento entre localidades e o consecuente encontro de unidades familiares de distintos ámbitos territoriais, polo que é necesario establecer unha serie de recomendacións que minimicen o risco de transmisión.

Así, segundo o protocolo, respecto das medidas de protección persoal, evitarase o contacto físico e hai que cumprir a medida de mantemento da distancia de seguridade interpersoal. Ademais, cumpriranse as medidas de agrupacións de persoas establecidas polas autoridades sanitarias para o global de Galicia e aquelas especificas nos ámbitos territoriais nos que a evolución da pandemia está a facer necesario instaurar medidas máis restritivas.

O protocolo lembra a normativa vixente en canto ao uso obrigatorio da máscara cirúrxica/hixiénica e sinala a importancia dunha adecuada hixiene de mans e respiratoria.

En canto ás medidas organizativas, ampliarase os horarios de apertura coa fin de espaciar as visitas e evitar as aglomeracións, establecerase un máximo de 4 persoas por grupo de visitas do mesmo grupo familiar/personas que viven xuntas; e a duración das visitas non deberá superar os 30 minutos.

Ademais, organizarase a circulación de persoas dentro do cemiterio establecendo circuítos diferenciados de entrada e saída do mesmo.

O protocolo tamén establece medidas de limpeza e desinfección de superficies, aseos, etc, e medidas de información, mediante o emprego de cartelería situada en lugares estratéxicos (entrada dos recintos, lugares de maior tránsito, aseos, etc.).

O protocolo pode consultarse na seguinte ligazón e na web do Servizo Galego de Saúde.

https://coronavirus.sergas.gal/Contidos/Documents/558/Prevencion_cemiterios_Galicia.pdf
Xunta de Galicia
Deputación de Pontevedra
BOE
Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra
DOG
Sede Electrónica Castastro
ORAL - Xestión Tributaria e Catastral
Portal de Transparencia
Concello de Crecente
  • Rúa Solís Ruiz, 5 - 36420 Crecente (Pontevedra)
  • Teléfono: (+34) 986 666 300
  • Email: info@crecente.es

Horario

  • De luns a vernes de 9:00 a 14:30

Parroquias

  • Albeos, Ameixeira, Angudes, Crecente, Filgueira, O Freixo, Quintela, Rebordechán, Ribeira, Sendelle e Vilar.

© 2020 Concello de Crecente - Todos os dereitos reservados // Deseño maquetación e programación web a medida Grupo5.com

Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.

Política de Cookies Aceptar