Concello de Crecente

Noticias

A Consellería de Sanidade anunciou o establecemento do nivel 2 de restricións en toda Galicia, onde ademais limitaranse as reunións a grupos dun máximo de 5 persoas, Neste sentido, a totalidade do territorio da Comunidade Autónoma queda no nivel 2 de restricións, unha circunstancia que incidirá nos aforos e na ocupación dos espazos dos diferentes ámbitos sociais.
Entre as decisións adoptadas polo Comité clínico que fai o seguimento da evolución da covid-19 na nosa comunidade, e tras constatar o aumento de contaxios, tamén decidiu incrementar ata o nivel 3 de restricións o concello de Santiago e a localidade de Ou Milladoiro, onde ademais as reunións quedarán restrinxidas a persoas conviventes.
Os bares e cafeterías da capital de Galicia e desta localidade amiense tamén verán restrinxidos os seus servizos no interior dos locais, quedando limitada a súa actividade ao 50% do número de mesas das súas terrazas.
A pesar da mellora que presenta a evolución epidemiolóxica nos concellos de Ourense e Barbadás, ambos continuarán manténdose no nivel 3 de restricións, xunto coa limitación de reunións exclusivas entre conviventes e o peche da mobilidade perimetral entre os dous concellos, xa en vigor desde o pasado 7 de outubro.
Unha das novidades introducidas no día de hoxe polo Comité clínico foi a elevar ao nivel 3 de restricións aos concellos de Verín, Oímbra e Vilardevós, onde se establecerá un peche de mobilidade perimetral que só permitirá desprazamentos entre os tres municipios. Ademais, as reunións entre persoas nestes concellos quedarán limitada só a persoas conviventes. Seguindo na provincia de Ourense, o Comité de expertos decidiu restrinxir todas as actividades non esenciais nos concellos do Carballiño, O Irixo e Boborás, ao considerar preciso reforzar as medidas de prevención co obxecto de evitar a propagación do virus nestes municipios. Así mesmo, continuarán coa restrición de mobilidade perimentral xa establecida e coa limitación de reunións entre grupos de persoas conviventes.
Xunta de Galicia
Deputación de Pontevedra
BOE
Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra
DOG
Sede Electrónica Castastro
ORAL - Xestión Tributaria e Catastral
Portal de Transparencia
Concello de Crecente
  • Rúa Solís Ruiz, 5 - 36420 Crecente (Pontevedra)
  • Teléfono: (+34) 986 666 300
  • Email: info@crecente.es

Horario

  • De luns a vernes de 9:00 a 14:30

Parroquias

  • Albeos, Ameixeira, Angudes, Crecente, Filgueira, O Freixo, Quintela, Rebordechán, Ribeira, Sendelle e Vilar.

© 2020 Concello de Crecente - Todos os dereitos reservados // Deseño maquetación e programación web a medida Grupo5.com

Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.

Política de Cookies Aceptar