PROGRAMA de VIVENDAS DE ALUGUEIRO SOCIAL do CONCELLO de CRECENTE
O Concello de Crecente pon en marcha unha bolsa de vivendas baleiras destinadas a persoas ou unidades de convivencia con dificultades para acceder ao mercado libre de arrendamento cun prezo fixo.
As persoas interesadas poden presentar a súa solicitude dende mañá, 7 de outubro, nas dependencias municipais ou na sede electrónica do concello incluíndo a documentación requerida e que poden descargar tanto en formato word como en pdf adxunto a esta nova.
O prazo para a primeira queda de incorporación é dun mes a contar dende o día seguinte á publicación do extracto no Boletín Oficial da provincia (mañá, 7 de outubro do 2022)
Todas as unidades familiares ou de convivencia que queiran acceder a vivendas en réxime de alugueiro incorporadas ao Programa de vivendas deberán solicitalo ante o Concello.
A selección das persoas arrendatarias e a adxudicación de vivendas incorporadas ao Programa de vivendas baleiras realizarase entre as unidades familiares e de convivencia que reúnan os requisitos establecidos nas bases referidas e dacordo cos principios de publicidade, concorrencia competitiva, transparencia e obxectividade e empregaranse coma criterios a correspondencia da renda do aluguer co nivel de ingresos da unidade familiar ou de convivencia, e a máxima adecuación das vivendas ás preferencias, características e composición da unidade familiar ou de convivencia, valorando as necesidades de emerxencia que precisen dunha urxente adxudicación.
Terán prioridade para ser adxudicatarias as unidades familiares ou de convivencia pertencentes aos colectivos prioritarios definidos nas bases da convocatoria, ou con necesidades urxente de vivenda nos casos de emerxencia social.
Requisitos
- Ter unhos ingresos anuais entre o 1 e 2,5 veces o IPREM, que permitan facer fronte aos deberes económicos que se deriven do contrato de arrendamento.
- Non dispor, a persoa solicitante nin ningún outro membro da unidade de convivencia, dunha vivenda en propiedade.
- Atoparse nunha situación persoal e/ou familiar que supoña unha dificultade para acceder a unha vivenda de aluguer.
Colectivos prioritarios
Terán preferencia na adxudicación das vivendas deste programa quenes pertenzan a un dos seguintes colectivos:
- Unidades familiares ou de convivencia afectadas por procedementos de execución hipotecaria, sen necesidade de que exista unha resolución xudicial de finalización do citado procedemento xudicial.
- Unidades familiares ou de convivencia afectadas por un procedemento xudicial de desafiuzamento por impago de rendas da súa vivenda habitual.
- Unidades familiares ou unidades de convivencia con fillos menores, así como familias numerosas e familias monoparentais con fillos a cargo.
- Unidades familiares ou de convivencia nos que existan mulleres vítimas de violencia de xénero, sempre que o documento acreditativo da situación de violencia fora adoptado ou emitido nos 12 meses inmediatamente anteriores a data de presentación da solicitude da vivenda. Así mesmo, será preciso que a orde de protección ou a medida cautelar estean vixentes.
- Unidades familiares ou de convivencia nos que existan persoas maiores de 65 anos ou persoas dependentes.
- Unidades familiares ou de convivencia nas que existan persoas que foran beneficiarias de axudas ao aluguer de programas xestionados polo IGVS e que, unha vez vencido o período máximo de percepción das mesmas, permanezan nunha situación de desprotección ou especial vulnerabilidade.
- Unidades familiares ou de convivencia con dificultades para asumir o custo do arrendamento dunha vivenda e que foran privadas da súa vivenda habitual por danos sufridos nesta, derivados dunha circunstancia imprevisible e sobrevida, tales como incendios, inundacións, etc.