Corresponde ao Pleno do Concello elixir as persoas para ser nomeadas Xuíz/a de Paz, titular e substituto deste Municipio, de conformidade ao que dispoñen os artigos 101 e 102 da Lei Orgánica 6/1985, de 1 de xullo, do Poder Xudicial e artigo 4 e 5.1 do Regulamento 3/1995, de 7 de xuño, dos Xuíces de Paz.
O venres, 27 de outubro, publicouse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra Bando de Alcaldía, polo que se abre un prazo de 10 días hábiles para que as persoas que estean interesadas, e reúnan as condicións legais solicíteno por escrito dirixido a Alcaldía do Concello de Crecente, a través da sede electrónica do concello, o seguine enderezo https://crecente.sedelectronica.gal/
O modelo de instancia atópase a disposición dos interesados nas dependencias municipais da Corporación e na sede electrónica do concello, a través do modelo de instancia xenérica e débese aportar a seguinte documentación:
— Solicitude debidamente asinada.
— Declaración de non estar incurso en causa de incapacidade ou incompatibilidade previstas por Lei para desempeñar funcións xudiciais.
— Certificación de nacemento ou fotocopia autenticada do documento nacional de identidade en vigor.
— Certificado de antecedentes penais e declaración complementaria á que fai referencia o artigo 2.1.a) da Lei 68/1980.
— Calquera outro documento acreditativo dos méritos ou títulos que alegados.
Na Secretaría do Concello pode ser examinado o expediente e solicitar a información que se precise en canto a requisitos, duración do cargo, remuneración, etc., de luns a venres en horario de 10.00h a 14.00h