Concello de Crecente

Noticias

O Concello de Crecente publica hoxe no Boletín oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO núm. 217 de 19 de novembro do 2020) a aprobación inicial do PLAN MUNICIPAL DE
PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA OS INCENDIOS FORESTAIS DO CONCELLO DE CRECENTE.



O documento redactado por SEAGA en colaboración co Concello de Crecente, en virtude da adhesión do Concello de Crecente ao Convenio de colaboración subscrito entre a Xunta de Galicia, a FEGAMP e SEAGA en materia de prevención e defensa contra incendios forestais, para o establecemento dun sistema público de xestión da biomasa nas faixas secundarias e a súa addenda, ten coma obxectivo principal do presente, en cumprimento do establecido na Lei 3/2007, é a definición da rede de faixas secundarias de xestión de biomasa, formadas por un conxunto de parcelas lineais do territorio estratexicamente localizadas, e garantir o control e a eliminación total ou parcial da biomasa forestal, mediante técnicas silvícolas axeitadas, co fin principal de reducir o risco de incendio e protexer a seguranza das persoas.

Este obxectivo fundamental concrétase nunha serie de accións sobre o territorio que buscan organizar a xestión da biomasa en zonas estratéxicas, especialmente aquelas declaradas de alto risco de incendio, unido á construción e mantemento de faixas exteriores de protección de zonas poboadas, o tratamento de áreas forestais nun esquema de intervención segundo modelos
silvícolas previamente establecidos, no ámbito da defensa de persoas e bens e a defensa dos montes.

A redacción do presente Plan pretende, por tanto, aportar un documento que conteña as accións necesarias para a defensa contra os incendios forestais efectuando unha análise da situación
actual, e establece unha zonificación do territorio como marco das directrices de actuación a realizar para acadar os obxectivos propostos.

O documento inicial sométese agora a información pública durante vinte días hábiles (ata o 9 de decembro inclusive); durante ese prazo as persoas interesadas poderán examinar o documento e presentar as alegacións e reclamacións que estimen pertinentes.

 
Xunta de Galicia
Deputación de Pontevedra
BOE
Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra
DOG
Sede Electrónica Castastro
ORAL - Xestión Tributaria e Catastral
Portal de Transparencia
Concello de Crecente
  • Rúa Solís Ruiz, 5 - 36420 Crecente (Pontevedra)
  • Teléfono: (+34) 986 666 300
  • Email: info@crecente.es

Horario

  • De luns a vernes de 9:00 a 14:30

Parroquias

  • Albeos, Ameixeira, Angudes, Crecente, Filgueira, O Freixo, Quintela, Rebordechán, Ribeira, Sendelle e Vilar.

© 2020 Concello de Crecente - Todos os dereitos reservados // Deseño maquetación e programación web a medida Grupo5.com

Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.

Política de Cookies Aceptar