Concello de Crecente

Noticias

O Plan provincial de obras e servizos da Deputación de Pontevedra financia, un ano máis, e nesta edición con caracter bianual, obras e servicios no Concello de Crecente cun importe que se achega ao medio millón de euros.

O concello de Crecente solicitou con cargo ao Plan concellos, financiado pola Deputación de Pontevedra, axudas con cargo ás 3 liñas que prevé o programa de subvencións. Con cargo á liña 1. estanse a executar actualmente investimentos e suministros cun orzamento total de 287166,88 euros, como é o caso do  ENSANCHE DE ACCESO A NUCLEOS DE FONTE E CANCELO (QUINTELA), a MELLORA E ACONDICIONAMENTO DE VIAIS MUNICIPAIS EN MUIÑOS E CHÁNS (ALBEOS), PADROSOS E RIVAS (AMEIXEIRA) E PARADELA (ANGUDES) e as actuacións e reparacións nos paques infantís do concello.

Os investimentos se complementan co
SANEAMENTO EN LAMA (ALBEOS) E ABASTECEMENTO EN PEDRABLANCA (VILAR) e a segunda fase da reforma da casa do concello

Con cargo á liña 1 pódense incluír “suministracións (…) para actividades e servizos que sexan de competencia municipal”. Así, o Concello de Crecente fai fronte a unha serie de necesidades para o mantemento dos servizos municipais e a mellora do seu funcionamento en condicións óptimas de eficiencia, e se reducen custes vencellados ao aforro enerxéticos, así o concello solicitará subvencións con cargo ao Plan Concellos Liña 1, do suministro de motores de bombeo para abastecemento e depuración, cable para o alumeado público, así coma postes e luminarias led e mobiliario urbano.
 
Con respecto á adquisición de postes de formigón e luminarias LED para a súa posterior utilización polos servizos de mantemento de iluminación pública do Concello de Crecente responden á necesidade de realizar substitucións imprevistas e de urxencia dos devanditos apoios debido a causas variables, polo que resulta imprescindible dispoñer dun elemento que substitúa ao elemento deteriorado coa maior rapidez posible.
 
O Concello de Crceente conta cunha ampla rede de alumeado público e o seu proceso de modernización e renovación resulta moi lento, polo que é común atoparse zonas con iluminación pública nos que o cable é moi antigo, máis de 30 anos, e por tanto non cumpre cos estándares actuais. Ademais, nalgúns lugares a caída de árbores sobre o tendido, os temporais de vento e choiva, ou a caída dos soportes, provocan a rotura do cable e por tanto o fallo na subministración eléctrica. Por iso desde o servizo de mantemento de iluminación do Concello de Crecente vén solicitando nos últimos meses a adquisición de cable de iluminación para a súa instalación posterior en determinados puntos do territorio nos que é necesario a reposición ou instalación do mesmo. Por tanto, considérase necesario a adquisición do cableado eléctrico par iluminación, cumprindo cunha serie de requisitos mínimos e que sexan compatibles coas características das instalación existentes propiedade do Concello de Crecente.
 
Así se procederá á adquisición de varios motores de bombeo para pozos de barrena de abastecemento de augas, motores para estacións depuradoras e accesorios para a rede de abastecemento municipal, para as parroquias de Albeos, Crecente e Filgueira, en previsión de que poida sufrir avarías os motores actuais xa moi desgastados e dispóñanse os novos motores para que non sufra interrupcións a subministración de auga á rede municipal de abastecemento.
 
Por último, considérase necesario adquirir unha partida de colectores que substitúan aos que se atopan en peor estado, ou ben se coloquen en localizacións nas que o número de colectores actuais non é suficiente para o volume de residuos que se xera.
 
Desta maneira renóvase parcialmente o equipamento do servizo de lixo e dáse resposta a unha solicitude da veciñanza e diferentes asociacións veciñais que viñan solicitando nos últimos meses a mellora no servizo.

Con cargo á Liña 1.- Suministros se solicitaron subvencións e se procedeu á adquisición de mobiliario urbano, por importe de 6.969,60 euros, postes, luminarias e cable para a mellora da eficiencia no alumeado público por máis de 20.000 euros e motores de bombeo e accesorios para a rede de abastecemento por importe de case 18.000.


 

Galería:

Xunta de Galicia
Deputación de Pontevedra
BOE
Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra
DOG
Sede Electrónica Castastro
ORAL - Xestión Tributaria e Catastral
Portal de Transparencia
Concello de Crecente
  • Rúa Solís Ruiz, 5 - 36420 Crecente (Pontevedra)
  • Teléfono: (+34) 986 666 300
  • Email: info@crecente.es

Horario

  • De luns a vernes de 9:00 a 14:30

Parroquias

  • Albeos, Ameixeira, Angudes, Crecente, Filgueira, O Freixo, Quintela, Rebordechán, Ribeira, Sendelle e Vilar.

© 2020 Concello de Crecente - Todos os dereitos reservados // Deseño maquetación e programación web a medida Grupo5.com

Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.

Política de Cookies Aceptar