A Deputación de Pontevedra financia investimentos, emprego e servicios a través do Plan Concellos
O Concello de Crecente realizará investimentos en infraestruturas e suministros, financiou gasto corrente e atendeu as necesidades urxentes de persoal para servicios municipais, gracias á financiación da Deputación de Pontevedra a través da subvención financiada con cargo al Plan Provincial de obras e servicios (Plan concellos 2021)
Crecente, decembro do 2021
Anualmente a Deputación de Pontevedra financia o "Plan Provincial de obras e servicios, plan Concellos" destinado a cubrir as necesidades dos municipios en infraestruturas, emprego e servicios, dividido así en tres liñas de subvencións en réxime de concurrencia non competitiva.
Unha primeira liña, permite aos concellos a execución de investimentos en obras, servizos e equipamentos municipais cun investimento que supera os 270.000 euros
O Concello de Crecente está a levar a cabo un investimentos en infraestruturas que implican a pavimentación, ensanche e mellora de viais en diferentes puntos do Concello, así como mellora de pluviais e actuacións en distintos puntos da rede de saneamento.
Con cargo a esta mesma liña levouse a cabo a adquisicón de suministracións que constitúen un investimento en sí mesmas, pola súa incidencia directa nunha mellora nos servicios prestados polo concello de Crecente, podendo subliñar a adquisición de motores de bombeo e cable para alumeado, o que redunda nunha mellora os servicios públicos municipais, dotándoos de mellores medios e garantindo a súa eficiencia.
OAsí, e con cargo a mesma liña o Concello de Crecente contratou a redacción dun Plan de Mobilidade Urbana Sostible
A segunda liña permite que os concellos cumplan cos seus deberes económicos e coa financiación de actos de distinta natureza.
O concello de Crecente non ten contraída débeda con proveedores e/ ou acreedores, polo que optouse por financiar gasto corrente novo previsto no pasado ano pasado, en concreto, o custe do servizo de tratamento de residuos sólidos urbanos que no concello de Crecente se presta a través da empresa SOGAMA, Sociedade Galega do Medio Ambiente, empresa pública autonómica, mediante o sistema de xestión indirecta.
A Xestión de residuos sólidos urbanos fai referencia ao conxunto de operacións realizadas dende que estos se xeran nos fogares e servicios ata a última fase do seu tratamento, abarcando polo tanto tres etapas: Depósito e recollida, transporte e tratamento.
A terceira liña está destina ao fomento do emprego
O Plan permite que o Concello destine unha parte da cantidade que lle corresponde á prestación de servizos de competencia municipal de xeito directo, por medio da contratación de persoal desempregado inscrito no Servizo Público de Emprego, sempre respetando a preferencia na contratación dos colectivos máis desfavorecidos e da debida adecuación salarial aos postos que se van cubrir.
Así, o Concello de Crecente procedeu á contratación en réxime laboral, con carácter temporal, de 9 persoasdesempregadas, inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia, por importe de case 90.000 € ó abeiro do programa denominado “Plan Concellos correspondente á liña 3: Emprego para a Conservación e Funcionamento de Bens e Servizos Municipais”.
Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.