Concello de Crecente

Noticias

A Deputación de Pontevedra financia investimentos, emprego e servicios a través do Plan Concellos

O Concello de Crecente realizou investimentos en infraestruturas e suministros, financiou gasto corrente e atendeu as necesidades urxentes de persoal para servicios municipais, gracias á financiación da Deputación de Pontevedra a través da subvención financiada con cargo al Plan Provincial de obras e servicios (Plan concellos 2020)

Crecente, xaneiro do 2021

Anualmente a Deputación de Pontevedra financia o "Plan Provincial de obras e servicios, plan Concellos" destinado a cubrir as necesidades dos municipios en infraestruturas, emprego e servicios, dividido así en tres liñas de subvencións en réxime de concurrencia non competitiva.

Unha primeira liña, permite aos concellos a execución de investimentos en obras, servizos e equipamentos municipais

O Concello de Crecente levou a cabo un investimento en infraestruturas que implicou a pavimentación, ensanche e mellora de viais en diferentes puntos do Concello, seguindo un Plan de actuación plurianual e dacordo coas demanadas da veciñanza, así como se acometeron melloras de abastecemento e saneamento e se levaron a cabo actuacións no eido da eficiacia enerxétiva.

Con cargo a esta mesma liña levouse a cabo a adquisicón de suministracións que constitúen un investimento en sí mesmas, pola súa incidencia directa nunha mellora nos servicios prestados polo concello de Crecente, podendo subliñar as seguintes;

Adquisición hidrolimpadora; Adquisición dun equipo completo de lavadora a alta presión que permite facilitar as tarefas de limpeza de rúas, parques, fachadas, tubaxes, etc. e que está dispoñible para servizos de mantemento municipais.

Adquisición de 30 colectores; O avanzado deterioro dos existentes xeraba unha imaxe inaxeitada do ambiente, impacto visual e paisaxístico, afecto e perda de valor para un ambiente eminentemente rural e a perda de calidade de vida para os habitantes do Concello de Crecente e a súa adquisición implica unha mellora da salubridade.

50 postes de formigón; As condicións meteorolóxicas e o deterioro e oxidación provocaban a necesidade frecuente de substitución dos postes do alumeado público, polo que dispor de stock suficiente, axiliza as reparacións redundando nun servicio de mellor calidade para a veciñanza.

42 taboleiros de anuncios; Modelo novo e común situados en lugares estratéxicos que permitan a difusión do contido e mellor presenza estética, favorecendo e facilitando a comunicación e achegando a administración á veciñanza.
 
A adquisición dun novo motor de bombeo e de brazo para o tractor desbrozadora, mellora os servicios públicos municipais, dotándoos de mellores medios e garantindo a súa eficiencia.

Os suministros financiados con cargo a esta liña rematan coa adquisición de mobiliario para a posta en funcionamento do ximnasio municipal, dotando ao centro polideportivo do concello do material axeitado para a práctica deportiva.

O financiamento con cargo a esta liña supera os 250.000 euros financiados con cargo a este Plan.

A segunda liña permite que os concellos cumplan cos seus deberes económicos e coa financiación de actos de distinta natureza.

O concello de Crecente non ten contraída débeda con proveedores e/ ou acreedores, polo que optouse por financiar gasto corrente novo previsto no pasado ano pasado, en concreto, o custe do servizo de tratamento de residuos sólidos urbanos que no concello de Crecente se presta a través da empresa SOGAMA, Sociedade Galega do Medio Ambiente, empresa pública autonómica, mediante o sistema de xestión indirecta.

A Xestión de residuos sólidos urbanos fai referencia ao conxunto de operacións realizadas dende que estos se xeran nos fogares e servicios ata a última fase do seu tratamento, abarcando polo tanto tres etapas: Depósito e recollida, transporte e tratamento.

No pasado ano, 2020, o custe do servizo para o Concello de Crecente foi de 42.984,04, dos cales, 27.942,30 euros, serán financiados con cargo á liña 2 do Plan Concellos da Deputación Provincial.
 
A terceira liña está destina ao fomento do emprego

O Plan permite que o Concello destine unha parte da cantidade que lle corresponde á prestación de servizos de competencia municipal de xeito directo, por medio da contratación de persoal desempregado inscrito no Servizo Público de Emprego, sempre respetando a preferencia na contratación dos colectivos máis desfavorecidos e da debida adecuación salarial aos postos que se van cubrir.

Así, o Concello de Crecente procedeu á contratación en réxime laboral, con carácter temporal, de 9 persoas (1 chofer condutor/a de camión en xeral en xornada de 37,5 h./sem. durante 10 meses; 1 operario/a oficial/a de 2ª albanel e 4 operarios/as peóns teitadores en xornada de 25 h./sem. durante 10 meses; 2 operarios/as limpadores/as en xornada de 20 h./sem. durante 10 meses; 1 chofer condutor de maquinaria pesada en xornada de 30 h./sem. durante 9 meses) para persoas desempregadas, inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia, por importe de 88.203,08 € ó abeiro do programa denominado “Plan Concellos correspondente á liña 3: Emprego para a Conservación e Funcionamento de Bens e Servizos Municipais”.
 
Xunta de Galicia
Deputación de Pontevedra
BOE
Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra
DOG
Sede Electrónica Castastro
ORAL - Xestión Tributaria e Catastral
Portal de Transparencia
Concello de Crecente
  • Rúa Solís Ruiz, 5 - 36420 Crecente (Pontevedra)
  • Teléfono: (+34) 986 666 300
  • Email: info@crecente.es

Horario

  • De luns a vernes de 9:00 a 14:30

Parroquias

  • Albeos, Ameixeira, Angudes, Crecente, Filgueira, O Freixo, Quintela, Rebordechán, Ribeira, Sendelle e Vilar.

© 2020 Concello de Crecente - Todos os dereitos reservados // Deseño maquetación e programación web a medida Grupo5.com

Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.

Política de Cookies Aceptar