Rematado o procedemento para modificar o Ordenanza reguladora da actividade urbanística do Concello e activado o Plan de inspección que ten por obxecto determinar os obxectivos principais e as actuacións prioritarias do Concello de Crecente coa finalidade de mellorar a calidade e a eficacia da disciplina urbanística ao servizo da cidadanía e garantir a obxectividade e imparcialidade na actuación municipal, o Concello da un paso máis á hora de regular a actuación urbanística
Dende o 1 de xaneiro do 2021 está en vigor a nova ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR LICENZAS URBANÍSTICAS, COMUNICACIÓNS E OUTROS XEITOS DE INTERVENCIÓN ADMINISTRATIVA.
O feito impoñible da taxa vén constituído pola actividade municipal técnica e administrativa, que se refira, afecte ou beneficie de modo particular á persoa obrigada tributaria cando a mesma
sexa motivada directa ou indirectamente polo mesmo, como consecuencia das actividades administrativas de carácter urbanístico.
Toda a información recóllese nos documentos adxuntos
Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.