O Concello de Crecente ven de rematar as obras do investimento de acondicionamento interior da Planta baixa ca casa consistorial, ubicada na rúa solís Ruíz. As obras permiten mellorar o accesoao edificio do concello e implicaron a supresión de barreiras arquitectónicas.
O investimento foi posible grazas a unha axuda concedida pola Xunta de Galicia a trvés da Consellería de Política social ao abeiro da ORDE do 6 de xullo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas aos concellos e mancomunidades da Comunidade Autónoma de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de accesibilidade de competencia municipal, ao abeiro do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, de conformidade co Regulamento (UE) número 2021/241, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento BS701B), publicada no DOG. Núm 139 do venres 21 de xullo do 2023, cun importe de 48340,98 euros
O Concello mellora así as condicións de accesibilidade e supirme as barreiras da edificación para o acceso ás dependencias municipais, principalmente no que se refire a aquelas que teñen contacto directo coa veciñanza e a atención ao público, creando un espazo accesible en edificios municipais para o traslado de dependencias municipais que actualmente non son accesibles.
A Directora Xeral de Discapacidade Begoña Abeijón visitou as instalacións o pasado 8 de marzo e asistiu aos actos celebrados no Concello con motivo do 8M, día Internacional da Muller Traballadora