A Deputación de Pontevedra financia investimentos, emprego e servicios a través do Plan Concellos
O Concello de Crecente realizou investimentos en infraestruturas e suministros, financiou gasto corrente e atendeu as necesidades urxentes de persoal para servicios municipais, gracias á financiación da Deputación de Pontevedra a través da subvención financiada con cargo al Plan Provincial de obras e servicios (Plan concellos 2022-2023)
Crecente, abril do 2023
Anualmente a Deputación de Pontevedra financia o "Plan Provincial de obras e servicios, plan Concellos" destinado a cubrir as necesidades dos municipios en infraestruturas, emprego e servicios, dividido así en tres liñas de subvencións en réxime de concurrencia non competitiva.
Unha primeira liña, permite aos concellos a execución de investimentos en obras, servizos e equipamentos municipais
O Concello de Crecente levou a cabo un investimento en infraestruturas que implicou a pavimentación, ensanche e mellora de viais en diferentes puntos do Concello, seguindo un Plan de actuación plurianual e dacordo coas demanadas da veciñanza, así como se acometeron melloras de abastecemento e saneamento e se levaron a cabo actuacións no eido da eficiacia enerxétiva.
Con cargo a esta mesma liña levouse a cabo a adquisicón de suministracións que constitúen un investimento en sí mesmas, pola súa incidencia directa nunha mellora nos servicios prestados polo concello de Crecente.
A segunda liña, dotada cun orzamento de máis de 35.000 euros, permite que os concellos cumplan cos seus deberes económicos e coa financiación de actos de distinta natureza
A terceira liña está destina ao fomento do emprego
O Plan permite que o Concello destine unha parte da cantidade que lle corresponde á prestación de servizos de competencia municipal de xeito directo, por medio da contratación de persoal desempregado inscrito no Servizo Público de Emprego, sempre respetando a preferencia na contratación dos colectivos máis desfavorecidos e da debida adecuación salarial aos postos que se van cubrir.
Así, o Concello de Crecente procedeu á c
ontratación en réxime laboral, con carácter temporal, de 11 persoas cun orzamento de máis de 80.000 euros ao abeiro do programa denominado “Emprego para a Conservación e Funcionamento de Bens e Servizos Municipais”.