Concello de Crecente

Noticias

O Concello de Crecente está a levar a cabo a reforma do Mercado Municipal

Cun investimento de case 60.000 euros, financiado con cargo á subvención para proxectos de rehabilitación e reforma de mercados cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020,

Reforma do Mercado Municipal



Historicamente, os mercados foron un importante eixo vertebrador da actividade comercial, cun papel clave na defensa da pequena e mediana empresa. Entre as súas fortalezas
fronte ás grandes superficies comerciais, os consumidores valoran o trato persoal e profesional, a calidade dos produtos e o coñecemento da súa orixe (sendo en moitos casos
local, o que axuda a xerar riqueza no sector primario do propio territorio), e o seu valor como promotores dunha cultura da alimentación. A revalorización do comercio local nunha
sociedade cada vez máis competitiva exixe prever múltiples variables, pero sen dúbida o mantemento das infraestruturas debe considerarse esencial.

Consciente da importancia de por en valor o mercado municipal o Concello de Crecente solicitou unha subvención á Xunta De Galicia, que a través do AGADER financia a reforma de mercados municipais gracias ao cofinanciamento do Feader (Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural), no marco do programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020.

Nesta primeira fase inclúese o cambio da cuberta procedendo á súa retirada e redeseño, pasando dunha concatenación de cubertas a dúas augas a unha cuberta a dúas augas en sentido transversal, moito máis sinxela estruturalmente falando á par que máis funcional. Como remate final da mesma empregáronse paneis sándwich metálico illantes lacados. O recuamento ao que se colocan os grandes ventás así como a prolongación da cuberta e a existencia de unha segunda a altura inferior permite a entrada de luz ao interior do recinto sen que a mesma sexa directa. De este modo, evítase a entrada de excesiva radiación solar que produciría un sobrecalentamento dos locais.




 

Galería:

Xunta de Galicia
Deputación de Pontevedra
BOE
Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra
DOG
Sede Electrónica Castastro
ORAL - Xestión Tributaria e Catastral
Portal de Transparencia
Concello de Crecente
  • Rúa Solís Ruiz, 5 - 36420 Crecente (Pontevedra)
  • Teléfono: (+34) 986 666 300
  • Email: info@crecente.es

Horario

  • De luns a vernes de 9:00 a 14:30

Parroquias

  • Albeos, Ameixeira, Angudes, Crecente, Filgueira, O Freixo, Quintela, Rebordechán, Ribeira, Sendelle e Vilar.

© 2020 Concello de Crecente - Todos os dereitos reservados // Deseño maquetación e programación web a medida Grupo5.com

Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.

Política de Cookies Aceptar