O luns, 6 de novembro, publicouse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra o acordo do Pleno do Concello de Crecente de data 27 de outubro do 2023 polo que se aproba provisionalmente o expediente de modificación das ordenanzas fiscais reguladoras do Concello.
O obxectivo de este expediente é dunha banda reunificar aquelas ordenanzas que contiñan diversas modificacións nos últimos anos e xeraban contradiccións na súa aplicación, actualizar aquelas que levaban sen ser sometidas a unha revisión dende hai case dez anos e introducir, cun criterio sistemático, as derivadasdos novos servizos que vén prestando o concello como os espazos deportivos.
Así o acordo recolle por unha banda a modificación, supresión e actualización da numeración das mesmas, a actualización ao momento actual e a derogación de toda norma anterior para dotalas de seguridade xurídica e mellorar e eficiencia e xestión dos ingresos municipais.
As persoas interesadas teñen un prazo de 30 días para presentar cantas suxerenicas, reclamacións e aportacións desexen aos expedientes de modificación.
Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.