O concello acondiciona o entorno do peto de ánimas de Montecelo
Cun investimento de 3950,23 euros o concello remata a obra de acondicionamento do entorno do peto de ánimas de Montecelo, financiada con cargo ás subvencións provinciais para a rehabilitación e a sinalización do patrimonio histórico cultural dirixidas aos concellos da provincia de Pontevedra.
Os petos de ánimas atópanse en camiños e encrucilladas de toda Galicia e son unha das manifestacións materiais do culto aos mortos, da devoción polas ánimas. Todos construídos con anterioridade a 1901 son bens de interese cultural.
Gracias á financiación da Deputación Provincial ponse en valor o entorno deste ben de gran riqueza arquitectónica, histórica e artística e o seu valor antropolóxico.
Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.