O concello de Crecente pon en marcha o servizo de Atención temperá dirixido a nenos e nenas de 0 a 6 anos nos que exista algunha sospeita de transtornos do desenvolvemento ou risco de padecelos, porporcionando unha actuación integral, tanto aos cativos como as súas familias.
De existir indicios de dificultades no desenvolvemento, vulnerabilidade ou calquera outra circunstancia que poida afectar negativamente o desenvolvemento do menor ou da menor, os sitemas de protección sanitario, social, educativo ou as propias familias deben trasladar as sospeitas ao servizo de pediatría para iniciar os trámites pertinentes e un equipo profesional integrado po unha psicóloga, un fisioterapeuta e un logopeda proporcionadar a asistencia precisar ao menor ou á menor.
Para máis información, os datos de contacto son os seguintes:
A través do teléfono móbil:
638204413
Visitándonos en Crecente, nas dependencias da
Biblioteca Municipal, ubicada na Rúa Solis Ruíz, nº 8, no seguinte horario:
Venres de 08:00 a 14:30 horas
Ou ben escribindo á seguinte dirección de correo electrónico:
sat.grupoarbo@coescoformacion.com