O concello de Crecente levou a cabo actuación de mellora da sinaléctica de elementos culturais e patrimoniais. En concreto sinalización mediante 2 indicadores direccionais do elemento cultural da Igrexa de Santa María de Rebordechán, e da colocación de dous paneis panorámicos nos miradoiros de Guillade e As Fichocas.
A actuación promove a renovación da sinalización existente obsoleta, mellorando a estética do entorno no que se atopan os puntos de interese e bens histórico‐culturais e está financiada pola Deputación de Pontevedra con cargo ás subvencións da entidade provincial para a supresión da simboloxía franquista nos espazos públicos e a rehabilitación e sinalización do patrimonio histórico cultural nos concellos da provincia Desta maneira perséguese a potenciación do turismo como un factor de crecemento económico e a valoración dos recursos patrimoniais e históricos como un instrumento de reequilibrio territorial do Concello de Crecente.
Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.