A Xunta de Galicia pon en marcha un novo Plan de Rescate con axudas directas, coa idea de achegar liquidez e contribuír a preservar o emprego e garantir a viabilidade económica do tecido produtivo.
Estruturado en dúas liñas, este 2º Plan de rescate prevé apoios para persoas traballadoras autónomas e microempresas e contempla ademais unha liña específica de axudas dirixidas a establecementos hostaleiros e outras actividades que tiveron que pechar por recomendación sanitaria desde xaneiro de 2021.
Aquelas persoas interesadas poden consultar toda a información, procedementos, modelos e requisitos na sede electrónica da Xunta de Galicia
As axudas pódense solicitar ata o 18 de marzo deste ano, 2021 tanto persoas autónomas como microempresas.
Así, lembrar que ata o 1 de marzo estará aberto o procedemento IG524E polo que se poden solicitar Axudas para a instalación, reforma e adaptación das terrazas dos establecementos de hostalería e restauración e a adquisición de elementos de envasado e empaquetado para o servizo de consumo no domicilio, financiadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19