O concello de Crecente, en colaboración cos concellos de Arbo e Salvaterra de Miño, proporcionarán un asesoramento integral aos cativos e cativas de 0 a 6 anos e as súas familias, dende o segundo semeste deste ano 2021
O servizo, que contará con persoal especializado dos ámbitos da psicopedagoxía, logopedia e fisoterapia e ten por obxectivo dar resposta, o antes posible, ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos e as nenas con trastornos no desenvolvemento ou en risco de padecelos, para facilitar o desenvolvemento da súa autonomía persoal e a inclusión social.
A implementación deste servizo, que dará comezo no segundo semestre deste ano, é posible gracias á financiación da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, no marco da Rede Galega de Atención Temperá e que conta co cofinanciamento do Programa Operativo do Fondo Social Europeo Galicia 2014-2020.
Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.