FINANCIAMENTO EXTRAORDINARIO, CON OCASIÓN DA DECLARACIÓN DO ESTADO DE ALARMA, PARA A PRESTACIÓN DE SERVIZOS BÁSICOS DE EMERXENCIA PARA OS CONCELLOS DE MENOS DE 20.000 HABITANTES PARA O ANO 2020
A Deputación de Pontevedra a través das Bases para o FINANCIAMENTO EXTRAORDINARIO, CON OCASIÓN DA DECLARACIÓN DO ESTADO DE ALARMA, PARA A PRESTACIÓN DE SERVIZOS BÁSICOS DE EMERXENCIA PARA OS CONCELLOS DE MENOS DE 20.000 HABITANTES PARA O ANO 2020, concedeu ao Concello de Crecente unha subvención por importe de 27.256,15 €,euros para facer fronte aos gastos directamente asociados á prestación de servicios básicos de emerxencia.
Estas axudas xorden co obxectivo de lles proporcionar aos concellos de menos de 20.000 habitantes apoio económico para poderen atender as demandas de necesidade urxente e puntual das e dos veciños que se atopen en situación de risco de exclusión social, con especial atención ás persoas con menores ao seu cargo ou en situación de especial vulnerabilidade. Ademais, pretenden darlles resposta a situacións de grave emerxencia, tras a declaración do estado de alarma ante a crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, ao tratarse de situacións estreitamente vinculadas aos feitos xustificativos deste estado, indispensables para a protección do interese xeral e para garantir o funcionamento básico dos servizos.
Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.