Concello de Crecente

Noticias

Con motivo da conmemoración do día 8 de marzo, Día Internacional da Muller, o Concello de Crecente convoca un concurso de carteis.
 
OBXECTO DO CONCURSO
O obxecto do concurso é fomentar a promoción da igualdade no Concello de Crecente a través dunha acción que visibilice a contribución das mulleres nos distintos ámbitos e promova a reflexión sobre os estereotipos de xénero que aínda existen na sociedade, as causas e a orixe da discriminación de xénero así como o camiño que as mulleres tiveron que percorrer para ver recoñecidos os seus dereitos.
A imaxe gráfica que resulte gañadora poderá ser utilizada polo Concello na conmemoración do Día Internacional da Muller, día 8 de Marzo, así como para outras accións de sensibilización e promoción da igualdade.

 
BASES DO CONCURSO
 
1. Participantes:
Poderá participar no concurso calquera persoa que estea incluída en alguna das seguintes categorías:
1.1 Categorías:
1ª Categoría.- Alumnado da Escola Infantil de Crecente
2ª Categoría.- Alumnado de infantil e 1º, 2º de Educación Primaria do CEIP C.E.I.P. Plurilingüe Manuel Sieiro
3ª Categoría.- Alumnado 3º e 4º e 5º e 6º de Educación Primaria do C.E.I.P. Plurilingüe Manuel Sieiro
4ª Categoría.- Mozos e mozas menores de 18 anos
 
2. Temática e características técnicas das obras
As participantes das categorías 2ª a 4ª deberán elaborar un cartel coas seguintes indicacións:
O contido do cartel deberá difundir e transmitir unha mensaxe positiva sobre a participación activa das mulleres na sociedade, promovendo a igualdade entre mulleres e homes .
O cartel realizarase en formato horizontal ou vertical coas medidas DIN A-4 (42 por 29,7cm) e enviarase en formato papel e formato electrónico (obrigatoriamente antes da finalización do prazo) coa extensión JPG ou PDF, e deberá incluír obrigatoriamente a frase “8 de marzo. Día Internacional da Muller”, así como un lema en galego relacionado co fomento da igualdade de xénero, contra os estereotipos e contra a discriminación cara as mulleres.
O traballo de deseño e elaboración do cartel deberá estar titorizado por unha ou un docente do centro, que guiará ao alumnado participante. O traballo pode ser individual ou colectivo. Procurarase que no alumnado participante exista unha representación equilibrada de nenos e nenas/mozos e mozas.
Tanto a técnica coma o estilo dos carteis serán libres. As composicións e os slogans deben ser orixinais e inéditos.
Non se poderán empregar imaxes ou nomes que identifiquen marcas comerciais ou persoas recoñecidas no ámbito público.
O deseño premiado será susceptible de ser o cartel institucional conmemorativo do Día Internacional da Muller, podendo ser tamén utilizado en calquera outro evento ou publicación, facendo constar sempre a orixe do traballo, polo que o Concello de Crecente resérvase a facultade de inserir os logos que sexan necesarios, así como de realizar calquera tipo de modificación ou variación dos elementos do deseño gráfico.
 
As participantes na categoría 1ª poderán participar de xieto individual ou grupal, coa axuda das súas familias, realizando unha manualidade na que se pode empregar calquera material (refugallo, escolar, caseiro) e sendo o tema que a inspire a muller e a promoción da igualdade (debuxos, esculturas, maquetas, postais, pancartas… etc).
 
 
 
3. Envío dos traballos
Quen desexe participar neste concurso poderá facelo dende o día seguinte ao de publicación das bases na páxina web do Concello de Crecente (crecente.gal) e ata o venres, día 24 de febreiro do 2023 presentando o seu cartel en ambos formatos: obra orixinal e reprodución en formato electrónico (PDF ou JPG).
Non serán admitidos os traballos que sexan recibidos con posterioridade ao día 24 de febreiro.
As obras entregaranse do seguinte xeito:
As persoas participantes pertencente á categoría 2ª e 3ª na Secretaría do CEIP Manuel Sieiro ou do xeito que determine a Dirección do Centro
As persoas pertencentes á categoría 4ª en sobre pechado no rexistro do Concello de Crecente facendo constar no seu exterior “I Concurso de carteis 8 marzo”. O sobre debe de conter o cartel e un folio no que debe figurar a información obrigatoria recollida como Anexo I a estas bases.
Co fin de axilizar a recepción dos traballos, o centros deberá adiantar a proposta dos traballos á Secretaría do Concello mediante o envío (reprodución do cartel en formato PDF ou JPG e a información identificativa do anexo I, ao seguinte enderezo electrónico: secretaria@concellocrecente.gal.
 
As propostas que non cumpran os criterios determinados nestas bases non serán consideradas; tampouco serán tidos en conta aqueles carteis cuxo tema non sexa o sinalado nestas bases
 
4. Criterios de valoración
Para a selección dos traballos gañadores en cada categoría teranse en conta os seguintes criterios de valoración:
a) A transmisión dunha mensaxe clara sobre a promoción da igualdade entre mulleres e homes, e de rexeitamento aos estereotipos de xénero e contra a invisibilización das mulleres na sociedade. Pode abordar tamén actitudes ou condutas positivas que amosen que a igualdade é imprescindible e irrenunciable, ou o rexeitamento social ás desigualdades e ás discriminacións das mulleres en diversos ámbitos, como por exemplo nas tarefas domésticas e de coidados, as desigualdades no ámbito laboral, na escolla de estudios e vocacións, no ámbito científico e tecnolóxico, etc.
b) A adecuación da mensaxe ao que representa o Día Internacional da Muller e á coherencia da mensaxe coa imaxe gráfica do cartel.
c) A calidade da técnica e plástica, a orixinalidade e a creatividade do cartel.
 
5. Xurado
Para o ditame dos premios establecerase un xurado formado por:
• Presidencia: Responsable da Secretaria Xeral da Igualdade, ou persoa en quen delegue.
• Vicepresidencia: representante do Consello Escolar do CEIP Plurilingüe Manuel Sieiro.
• Un representante/unha representante da ANPA
• Un/unha representante da Escola Infantil do Concello de Crecente
• Un/unha representante da EVD GALICIA.
• Tres representantes da Corporación municipal
• Secretaria/o: unha funcionaria ou funcionario do Concello de Crecente que actuará con voz pero sen voto.
 
Para asegurar a máxima imparcialidade, o xurado non coñecerá a identidade das persoas participantes. O Concello fará chegar os carteis ao xurado e custodiará a documentación que identifique o centro e as persoas autoras das obras ata que se resolva o concurso. A reunión para a valoración dos traballos presentados terá lugar o martes, 28 de febreiro ás 10.00h na Bilbioteca do Concello de Crecente (rúa Solís Ruíz)
Para que o xurado se constitúa e poida celebrar as sesións correspondentes precisarase quórum da maioría dos membros.
Os acordos adoptaranse por maioría simple das persoas asistentes e en caso de empate decidirá o voto da presidencia.
O ditame do xurado será inapelable, tendo ademais as facultades de interpretar as bases e determinar as normas do seu funcionamento, así como de declaralo deserto, de ser o caso.
O xurado valorará a orixinalidade, calidade do deseño, así como a transmisión dunha mensaxe clara de fomento dos valores de igualdade entre homes e mulleres e elixirá entre todos os carteis presentados os carteis gañadores.
 
6. Entrega de premios
O xurado recoñecerá o valor dos carteis finalistas, do alumnado e do profesorado encargado de supervisar e titorizar o seu traballo, nun acto público onde se fará entrega do primeiro premio para cada unha das categorías nun acto que terá lugar o mércores, 8 de marzo, no Auditorio Municipal do Concello de Crecente, ás 11.30h
 
7. Premios
7.1. Concederase un premio por cada categoría e un agasallo a cada unha das persoas participantes
7.2. Os premios consistirán nunha reproducción en formato lienzo dos carteis seleccionados e un detalle elaborado polas usuarias e usuarios do EVD GALICIA do Concello de Crecente e un lote d libros para os centros participantes.
7.3 O cartaz gañador será impreso para a súa exhibición nos edificios públicos municipais e poderásempregado como cartel na conmemoración do 8M do Concello de Crecente e editado en metacrilato e ou MD para a súa autora ou o seu autor.
 
8 Aceptación das bases
A participación no concurso implica a aceptación íntegra e incondicional destas bases.
 
 
 
9. Cesión de dereitos de reprodución, difusión e exposición
A participación neste concurso leva implícita a cesión de dereitos de reprodución, difusión e exposición das obras premiadas; así como o dereito a retirar todos os demais traballos que non resultaron premiados.
En todo caso, sempre que se utilice algún dos carteis premiados cos fins previstos nestas bases, nel figurará o nome do centro educativo que o elaborou.
Os centros participantes serán os responsables últimos de garantir o pleno respecto da normativa vixente de materia de protección de datos persoais do alumnado menor de idade que participe ou se vexa exposto nos produtos presentados a este concurso.
Garantirase que a reprodución da imaxe de menores estará sempre autorizada con anterioridade conforme a normativa.
En calquera caso, poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante comunicación á delegada de protección de datos do Concello de Crecente remitindo un correo ao enderezo dpd@concellocrecente.es
 

Galería:

Documentos:

Xunta de Galicia
Deputación de Pontevedra
BOE
Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra
DOG
Sede Electrónica Castastro
ORAL - Xestión Tributaria e Catastral
Portal de Transparencia
Concello de Crecente
  • Rúa Solís Ruiz, 5 - 36420 Crecente (Pontevedra)
  • Teléfono: (+34) 986 666 300
  • Email: info@crecente.es

Horario

  • De luns a vernes de 9:00 a 14:30

Parroquias

  • Albeos, Ameixeira, Angudes, Crecente, Filgueira, O Freixo, Quintela, Rebordechán, Ribeira, Sendelle e Vilar.

© 2020 Concello de Crecente - Todos os dereitos reservados // Deseño maquetación e programación web a medida Grupo5.com

Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.

Política de Cookies Aceptar