Con motivo da situación de emerxencia sanitaria por mor do COVID-19 (CORONAVIRUS)
o Concello de Crecente habilita un teléfono de atención ás situacións de emerxencia social
Se algún veciño ou veciña ten alguna necesidade de asistencia ou se é coñecedor/a de situacións que a precisen, pódense por en contacto coas oficinas municipais no teléfono 986 666 300, de luns a venres, en horario de 9.00h a 14.00h.
Fóra do horario ordinario as
urxencias e situacións de emerxencia pódense comunicar ao
teléfono 699674438, do que pedimos se faga un uso responsable e se empregue para por en coñecemento do Concello situacións de necesidade ou vulnerabilidade de veciños/as do Concello de Crecente.
Se presenta síntomas de infeción respiratoria (febre, malestar xeral, cansancio, tos ou dificultade para respirar) no vaia directamente a un centro sanitario.
Chame ao 061.
Para solicitar
información xeral sobre COVID o teléfono habilitado polo Servizo Galego de Saúde é o
900 400 116
O Concello de Crecente fai un chamamento á responsabilidade persoal dos vecinos e veciñas, mantendo a calma, seguindo as recomendacións sanitarias e evitando os desprazamentos innecesarios.
Prégase a colaboración de toda a veciñanza