Concello de Crecente

Noticias

O concello de Crecente levou a cabo melloras na eficiencia enerxética no alumeado público existentes nos núcleos de Filgueira, Pousa (Parroquia de Angudes), Rúa Mon e Landa (Parroquia de Crecente) e Prado (Parroquia de Villar).

As obras, cun importe total de 38.872,40 euros foron cofinanciadas con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2020 da Dirección Xeral da Administración Local da Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra con cargo ao Plan Concellos 2020 (Liña 1- Investimentos)

As actuacións consistiron, principalmente, en conseguir un aforro enerxético e ambiental mediante a utilización de lámpadas de maior eficacia luminosa e maior vida útil, ademais de utilizar equipos auxiliares de mellor calidade e luminarias de nova xeración, substituíndo as luminarias de vapor de  mercurio ou vapor de sodio actuais por novas lámpadas LED.

Coas actuacións preténdese conseguir un menor consumo de potencia, diminuíndo así a cantidade de enerxía necesario e diminuíndo os custos de consumo en cada iluminación, co consecuente beneficio para o concello, e unha mellora dos fins sinalados pola Lei 8/2009, do 22 de decembro e ao cumprimento dos obxectivos marcados pola Unión Europea, é dicir, a redución das emisións de gases de efecto invernadoiro, o impulso e incremento da participación de enerxía procedente de fontes renovables e a mellora e o incremento da eficiencia enerxética. A través da implantación de tecnoloxías máis eficientes e respectuosas co ambiente e de menor consumo enerxético pode conseguirse unha redución das emisións de gases de efecto invernadoiro á atmosfera e asemade unha redución da factura enerxética das entidades locais. A isto engádese o efecto exemplarizante dos proxectos que contribúa a concienciar a veciñanza da repercusión sobre o ambiente das medidas de eficiencia enerxética e impulso da sustentabilidade ambiental no sector público local.

O Concello de Crecente, en colaboración coa Xunta de Galicia, e gracias ao cofinanciamento da Deputación Provincial desenvolve proxectos que melloran a calidade de vida da veciñanza cun elevado compoñente medioambiental e seguirá a traballar en proxectos destas características cunha clara factura sustentable.
Xunta de Galicia
Deputación de Pontevedra
BOE
Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra
DOG
Sede Electrónica Castastro
ORAL - Xestión Tributaria e Catastral
Portal de Transparencia
Concello de Crecente
  • Rúa Solís Ruiz, 5 - 36420 Crecente (Pontevedra)
  • Teléfono: (+34) 986 666 300
  • Email: info@crecente.es

Horario

  • De luns a vernes de 9:00 a 14:30

Parroquias

  • Albeos, Ameixeira, Angudes, Crecente, Filgueira, O Freixo, Quintela, Rebordechán, Ribeira, Sendelle e Vilar.

© 2020 Concello de Crecente - Todos os dereitos reservados // Deseño maquetación e programación web a medida Grupo5.com

Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.

Política de Cookies Aceptar