Concello de Crecente

Noticias

Cine, tertulias e contos dende unha perspectiva de xénero

- O concello de Crecente inicia o venres, 6 de novembro, un programa de actividades para o fomento da igualdade de oportunidades e a prevención da violencia de xénero
- Cine fórum con perspectiva de xénero e tertulias en feminino dirixidas a un público adulto e contos para crianzas, actividades para fomentar a igualdade


3 de novembro do 2020
 
O Concello de Crecente organiza durante o mes de novembro unha serie de actividades no marco do Programa para o fomento da igualdade de oportunidades e a prevención da violencia de xénero, financiado pola Deputación de Pontevedra.
A consecución da igualdade real e efectiva entre as mulleres e os homes en todos os ámbitos da vida social, política, económica e cultural e a loita contra a violencia de xénero deben constituír unha das principais liñas estratéxicas de actuación das Administracións Públicas e dende o Concello de Crecente se propoñen unha serie de actividades cunha perspectiva de xénero tanto para cativos coma adultos
 
Cinefórum con perspectiva de xénero
Esta actividade é unha ferramenta educativa que permite descubrir novas perspectivas e evidenciar posibles prexuízos, roles e estereotipos. Ademais, axuda a xerar hábitos de observación, reflexión e análise.
As persoas interesadas poden solicitar a súa inscrición no Concello de Crecente no teléfono 986 666 300
A actividade desenvolverase os venres 6, 13 e 20 de novembro, no Auditorio Municipal de Crecente, en horario de 17.00h a 20.00h
 
Contos para crianzas “Cambia o conto”
Os días 9, 11 e 13 de novembro de 12.00h a 13.45 horas, levarase a cabo unha actividad cos máis cativos, coa colaboración do CEIP Manuel Sieiro do concello de Crecente.
Os contos son parte dos instrumentos empregados no proceso de socialización dos nenos e das nenas e, como tal, teñen a capacidade de influír de xeito transcendente na construción da súa identidade e personalidade.
 
Por tal motivo, é indispensable tomar consciencia do importante papel que teñen os contos no proceso de desenvolvemento das crianzas, a través da transmisión de diferentes ideas, valores e expectativas, polo que a través dos contos se pretende redefinir os papeis, personaxes e historias que os caracterizan aportando unha perspectiva transversal de xénero; procurando sempre o entretemento, participación e implicación do alumnado participante.
 
Tertulia en feminino
Os días 23, 25 e 27 de novembro e de 17.00h a 20.00h, o Auditorio municipal do Concello convertirase nun espazo de reflexión sobre o papel da muller, e en especial a muller do rural, e do Concello de Crecente.
Procúrase crear un grupo no que as persoas asistentes poidan falar da actualidade e a situación das mulleres; abordando temas coma a violencia de xénero, as agresións sexuais, a fenda salarial e todos aqueles temas que vaian xurdindo
Deste xeito levarase a cabo unha revisión crítica e un debate moderado por unha axente de igualdade.
 
 
 
Xunta de Galicia
Deputación de Pontevedra
BOE
Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra
DOG
Sede Electrónica Castastro
ORAL - Xestión Tributaria e Catastral
Portal de Transparencia
Concello de Crecente
  • Rúa Solís Ruiz, 5 - 36420 Crecente (Pontevedra)
  • Teléfono: (+34) 986 666 300
  • Email: info@crecente.es

Horario

  • De luns a vernes de 9:00 a 14:30

Parroquias

  • Albeos, Ameixeira, Angudes, Crecente, Filgueira, O Freixo, Quintela, Rebordechán, Ribeira, Sendelle e Vilar.

© 2020 Concello de Crecente - Todos os dereitos reservados // Deseño maquetación e programación web a medida Grupo5.com

Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.

Política de Cookies Aceptar