PROGRAMA DE TARXETAS-MOEDEIRO PARA AS PERSOAS E FAMILIAS EN SITUACIÓNS DE VULNERABILIDADE ECONÓMICA POLA CRISE DA COVID-19
A Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e a Cruz Vermella Española en Galicia asinaron un convenio para por en marcha un programa extraordinario de axudas económicas para a cobertura de necesidades básicas á poboación en situación de vulnerabilidade ocasionada pola COVID-19, articulando a través de tarxeta-moedeiro para a adquisición de produtos de alimentación, hixiene e farmacia.
PERSOAS BENEFICIARIAS DO PROGRAMA
Poderán solicitar a tarxeta as persoas residentes en Galicia que se atopan en situación de vulnerabilidade económica, ben porque carecen de ingresos efectivos, ou ben porque na unidade de convivencia no se perciban prestacións periódicas regulares, de carácter mensual (RISGA, PNC, RAI, IMV, PRESTACIÓNS POR DESEMPREGO…), nin outros ingresos efectivos, que acaden, no seu conxunto, o importe que lle correspondería en concepto de tramo persoal e familiar de RISGA.
CONTÍA DAS AXUDAS ECONÓMICAS
NÚMERO DE MEMBROS IMPORTE MENSUAL IMPORTE TOTAL (3 MESES) Unha persoa 150 euros 450 euros Dúas persoas 200 euros 600 euros Tres o máis persoas 300 euros 900 euros
Para máis información e tramitación da tarxeta-moedeiro diríxanse ao Departamento de Servizos Sociais do Concello de Crecente, con cita previa
Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.