AGADER e o Concello de Crecente asinaron un convenio para a reforma interior do Mercado Municipal do Concello de Crecente que cunha financiación de case 100.000 euros pon en valor o mercado municipal dentro dos proxectos senlleiros financiados con cargo á Axencia Galega de Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia para a promoción e posta en valor de productos agroalimentarios da comarca.
O Convenio asinado o
Convenio para a concesión dunha subvención directa entre AGADER e o Concello de Crecente para o proxecto senlleiro de acondicionamento interior do mercado municipal dentro da categoría de “promoción e posta en valor dos productos agroalimentarios da comarca, polo que se concede ao concello de Crecente unha achega por importe de 95753 euros conta con dúas anualidades e vense de rematar a primeira.
AGADER no marco da súa actividade estratéxica, vén apoiando, mediante axudas directas, a través de convenios de colaboración e baixo a denominación de proxectos senlleiros, este tipo de actuacións por entender que concorren características de especial relevancia para o desenvolvemento rural merecedoras de apoio económico.
"Proxecto senlleiro"
A Xunta de Galicia, a través do AGADER, dependente da Consellería de Medio Rural promove e pon en valor no ámbito do rural galego o patrimonio histórico, recuperación da terra, vida social, cultural e educativa, a contorna natural e os productos agroalimentarios. É neste último apartado no que se encadra a reforma interior do Mercado Municipal de Crecente, actuación que contribúe a mellorar a calidade de vida da veciñanza e convertirá o mercado municipal do Concello en centro de dinamización e cohesionador da vida socials, así como ao tempo estimula o arraigamento da poboación no rural de xeito que o Concello sexa máis atractivo ese fortalece o orgullo rura mediante a diversificación económica e potenciando o interese polo territorio e o seu desenvolvemento xeral