Edificio do Centro Telemático

Xulgado de Paz e Rexistro civil
Rúa Solis Ruíz Nº 8 - 36420 Crecente (Pontevedra)
Teléfono: 986 666 506

Correo electrónico: Premer aquí
Horario: Martes e xoves de 09:00 a 11:00.
O xulgado de paz é un órgano xudicial unipersoal, que exerce a súa xurisdición nun municipio onde non existe un xulgado de primeira instancia; está atendido por un xuíz non profesional, que se coñece como xuíz de paz, que exerce funcións xurisdicionais e encárganse de resolver cuestións de menor relevancia, sempre regulados pola Lei do Poder Xudicial.

O xulgado de paz desenvolve competencias no ámbito persoal e debe de constar:
  • O xuíz de paz, proposto polo respectivo Concello e nomeado polo Tribunal Superior de Xustiza por un período de 4 anos, exerce funcións xurisdicionais.
  • Un secretario, que tamén será designado polo Concello (en concellos de menos de 5.000 habitantes) e nomeado polo Tribunal Superior de Xustiza, e as funcións realizaranse por un funcionario.

Funcións do xulgado de Paz no ámbito civil

No ámbito do Rexistro Civil, o Xulgado de Paz atende calquera cuestión rexistral que lle expoñan os veciños empadroados no respectivo municipio; entre as actuacións referidas ao Rexistro Civil que desenvolve o xulgado de paz destacan as seguintes:
  • Expedición de certificados de nacemento, matrimonio ou defunción, xa sexa en forma de extracto e literais; así como expedición de fe de vida e estado.
  • Tramitación de expedientes de matrimonio e celebración de vodas.
  • Inscrición de matrimonios civís ou relixiosos, celebrados no municipio que alberga o Rexistro Civil.
  • Inscrición de nacementos.
  • Inscrición de defuncións ocorridas no municipio.

Ámbito civil

O Xulgado de Paz presta o que se denomina auxilio xudicial, que se encarga, por exemplo, de tomar declaracións a prexudicados ou efectuar ratificacións, por citar algúns.
Xunta de Galicia
Deputación de Pontevedra
BOE
Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra
DOG
Sede Electrónica Castastro
ORAL - Xestión Tributaria e Catastral
Portal de Transparencia
Concello de Crecente
  • Rúa Solís Ruiz, 5 - 36420 Crecente (Pontevedra)
  • Teléfono: (+34) 986 666 300
  • Email: info@crecente.es

Horario

  • De luns a vernes de 9:00 a 14:30

Parroquias

  • Albeos, Ameixeira, Angudes, Crecente, Filgueira, O Freixo, Quintela, Rebordechán, Ribeira, Sendelle e Vilar.

© 2020 Concello de Crecente - Todos os dereitos reservados // Deseño maquetación e programación web a medida Grupo5.com

Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.

Política de Cookies Aceptar