Ayuntamiento de Crecente

Noticias



Cun investimento de preto de 200.000 euros, o Concelo ampliaou a vía pública sia en Valeixe, cunha mellora ara a veciñanza en materia de accesibilidade e mellora dos servizos básicos locais. A actuación foi financiada ao abeiro da RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de creación, mellora e ampliación de servizos básicos locais en aldeas modelo e ámbitos territoriais vinculados aos instrumentos de recuperación da terra agraria, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 pola que o Concello de Crecente resultou beneficiario dunha subvención para a execución da obra de ampliación de vía pública en Valeixe, Crecente.

A axuda, financiadas en parte con fondos europeos teñen como prioridade por en valor os polígonos agroforestais e estos, a súa vez teñen por obxecto prioritario pór en produción áreas de terra agroforestal con boa capacidade produtiva que acadaron co paso do tempo estados de abandono ou infrautilización, recuperando deste xeito unha acaída actividade de explotación agrícola ou forestal.

Considérase estratéxico fomentar a dotación de servizos básicos locais no territorio delimitado polo perímetro que conforma a zona de actuación das aldeas modelo, así como nos núcleos rurais circundantes ao perímetro dos polígonos agroforestais. Esta actuación estratéxica canalizouse a través da concesión de subvencións a favor das entidades locais para executar obras e prestar servizos básicos locais no marco dos principios de colaboración e cooperación que rexen as relacións entre os municipios e a Administración autonómica, nos termos previstos na Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia. Un novo procedemento de concesión de axudas no marco da medida 7.4 do PDR de Galicia 2014-2020, co fin de proporcionar a prestación de servizos básicos locais que contribúan a consolidar os instrumentos de recuperación da terra agraria de Galicia, co fin de recuperar a actividade económica e social naquelas áreas territoriais delimitadas polo perímetro das aldeas modelo declaradas en virtude dos correspondentes acordos do Consello de Dirección da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, ao abeiro da Lei 6/2011, do 13 de outubro, de mobilidade de terras, ou ben ao abeiro da Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia, así como nos núcleos rurais situados na contorna dos polígonos agroforestais respecto dos que se teña publicado o acordo de iniciación do procedemento para a súa aprobación no Diario Oficial de Galicia, nos termos previstos no artigo 83 deste texto legal. Trátase, en definitiva, de proporcionar á poboación rural desas áreas territoriais os servizos e dotacións básicas que cubran as súas principais necesidades, propiciando a implantación de actividades que poidan xerar emprego e fixar poboación, apoiando a implantación e mellora dos servizos á poboación rural e procurando satisfacer as novas necesidades dos habitantes e das empresas que se localicen nesas áreas rurais.

O Concello de Crecente beneficiouse desta axuda para por en valor o acceso aos núcleos rurais e posta en vaor de polígonos agroforestais.
Xunta de Galicia
Deputación de Pontevedra
BOE
Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra
DOG
Sede Electrónica Castastro
ORAL - Xestión Tributaria e Catastral
Portal de Transparencia
Ayuntamiento de Crecente
  • Calle Solís Ruiz, 5 - 36420 Crecente (Pontevedra)
  • Teléfono: (+34) 986 666 300
  • Email: info@crecente.es

Horario

  • De lunes a viernes de 9:00 a 14:30

Parroquias

  • Albeos, Ameixeira, Angudes, Crecente, Filgueira, O Freixo, Quintela, Rebordechán, Ribeira, Sendelle y Vilar.

© 2020 Ayuntamiento de Crecente - Todos los derechos reservados // Diseño maquetación y programación web a medida Grupo5.com

En nuestra web se utilizan cookies propias y de terceros con finalidad analítica y de marketing. Para continuar navegando es necesario aceptar la política de cookies.

Política de Cookies Aceptar