O Concello de Crecente adheriuse un ano máis ao
Plan Plan de cofinanciamento dos servizos Sociais Comunitarios Municipais da Deputación de Pontevedra solicitando achegas adicadas á prestación do SAF en libre concorrencia.
O SAF é un servizo público de carácter local consistente en ofrecer un conxunto de atencións a persoas ou unidades de convivencia no propio domicilio para facilitar o seu desenvolvemento e a permanencia na súa contorna habitual. O SAF poderá prestarse a calquera persoa ou unidade de convivencia para as que, de acordo coa valoración técnica correspondente, supoña un recurso idóneo de atención. Entre os obxectivos acadados destaca a mellora na calidade de vida das persoas usuarias, a súa permanencia no seu contorno de convivencia habitual e o mantemento, mellora e recuperación das redes de relación familiar e social, incidindo na prevención de situacións de dependencia ou exclusión social.
O Concello de Crecente adicou no ano 2023, 8.500 euros para atender necesidades urxentes dos veciños e veciñas que se atopan en situación ou risco de exclusión social, financiadas con cargo ás
AXUDAS BÁSICAS DE EMERXENCIA SOCIAL 2023 da Deputación de Pontevedra. Estas axudas xorden co obxectivo de proporcionarlles aos concellos de menos de 20.000 habitantes apoio económico para poderen atender as demandas de necesidade urxente e puntual das e dos veciños que se atopen en situación ou risco de exclusión social, con especial atención ás persoas con menores ao seu cargo, ademais de darlles resposta a situacións de grave emerxencia.
O Concello de Crecente destinou 5.500 euros a gasto corrente, no que se inclúe a financiación do banco de alimentos e 3.000 euros a investimentos, con pequenas obras de habitabilidade e mellora enerxética en vivendas de persoas vulnerables.
Con ambos programas, e a achega realizada pola Deputación de Pontevedra consíguese a xestión dun servizo de calidade gracias ao persoal técnico dos equipos municipais de servizos sociais e inclúe os gastos derivados da prestación básica do servizo de axuda no fogar adscrito directamente aos servizos sociais comunitarios básicos municipais, Plan que se complementa coas denominadas ABE para o apoio económico para poderen atender as demandas de necesidade urxente e puntual das e dos veciños que se atopen en situación ou risco de exclusión social, con especial atención ás persoas con menores ao seu cargo, ademais de darlles resposta a situacións de grave emerxencia.