Roteiro de Sendeirismo Coto da Cruz (PR-G174)
Inicio: Freixo (Crecente)
Distancia: 7 Km.
Parte do torreiro da parroquia do Freixo cara os lugares de Mollapán e Soutomaior, por camiños entre fincas de cultivo e viñedos, podendo observar cruceiros e numerosos exemplos de construcións catalogadas.

A partir de O Lombo, a vexetación vólvese forestal, con piñeirais e eucaliptais en mestura con carballos, castiñeiros, bidueiros, loureiros e acacias. Destaca a abundancia de sobreiras en todo o percorrido.

Ao fondo tomamos unha desviación cara ao Cruceiro Quebrado onde poderemos ver a Capela do Cristo dos Aflixidos e un Cruceiro sobre roca; e tras percorrer a zona da Sinada, atoparemos a Virxe do Camiño e o Cruceiro de Santa Margarida, enclavados nunha carballeira centenaria nun contorno onde a Comunidade de Montes está realizando un proxecto de recuperación de especies forestais autóctonas.

Por pistas de terra chegaremos ao Coto da Cruz, cun miradoiro de vistas privilexiadas sobre o Río Miño e as poboacións limítrofes.

Seguiremos por o Busto ata o Barrio da Granxa, onde segundo moitos investigadores xurdiu a resistencia do campesiñado galego contra a invasión francesa.

Tras cruzar fincas, chegaremos ao Muíño dos Tarendos, muíño hidráulico tradicional restaurado que pode ser visitado en funcionamento e que conserva un impresionante cubo vertical.

Este roteiro foi creado pola asociación veciñal.

Localización:

Documentos:

Xunta de Galicia
Deputación de Pontevedra
BOE
Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra
DOG
Sede Electrónica Castastro
ORAL - Xestión Tributaria e Catastral
Portal de Transparencia
Concello de Crecente
  • Rúa Solís Ruiz, 5 - 36420 Crecente (Pontevedra)
  • Teléfono: (+34) 986 666 300
  • Email: info@crecente.es

Horario

  • De luns a vernes de 9:00 a 14:30

Parroquias

  • Albeos, Ameixeira, Angudes, Crecente, Filgueira, O Freixo, Quintela, Rebordechán, Ribeira, Sendelle e Vilar.

© 2020 Concello de Crecente - Todos os dereitos reservados // Deseño maquetación e programación web a medida Grupo5.com

Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.

Política de Cookies Aceptar