Que Crecente posúa unha beleza natural queda patente en cada unha das súas paraxes, pero ademais o río Miño, que discorre ao longo do municipio, descúbrenos as pesqueiras, unhas construcións de pedra que penetran no canle do río dende ambas as beiras e serven para pescar a lamprea, o peixe máis antigo do planeta e unha verdadeira “delicatessen”. Existen dende moi antigo, habendo quen fixa as súas orixes na idade Media e quen as remonta á época dos romanos.
A unión das pesqueiras, os macizos rochosos que as rodean, os rítmicos cambios da corrente fluvial e a particular vexetación do val, crea unha paisaxe singular de extraordinaria beleza, agreste e doce á vez, completamente distinta á das ribeiras dos ríos peninsulares que se poden observar comunmente.
Toda a marxe do Miño, dende o comezo do noso municipio en Filgueira ata que transcorre por terras de Cequeliños, parroquia xa do Concello de Arbo, é de topografía accidentada e espesa vexetación de montes a base de bosques e matogueiras, o que a pesar de facer difícil o acceso as marxes, ofrécelle ao visitante unha visión fermosa que queda impresionado pola exuberancia da natureza. Tamén o visitante debe de coñecer que ao longo de esta marxe do río, discorre a vía do ferrocarril (Ourense – Vigo), polo que son numerosas as persoas que puideron admirar esta fermosa paisaxe.
Ligazóns:
Documentos: