As pesqueiras (tamén coñecidas como pescos), son un tipo de construcións tradicionais construídas en mamposteria que están ubicadas a beiras dos grandes ríos galegos, como é neste caso o río Miño.
Este río é o que maior concentración de pesqueiras mantén, e sobre todo no curso medio e baixo do río. Na comarca do Condado – Paradanta hai pesqueiras nos concellos de Crecente, Arbo, As Neves e Salvaterra de Miño.
Estas construcións eran empregadas xa polos romanos e hai quen afirma que a súa construción é anterior á chegada destes. Adentaranse no río, aproveitando salientes rochosos e lugares con boa corrente para a oxixenación da auga e por conseguinte boas para a lamprea.
Están formadas por uns corpos chamados poios e un corredor de auga entre cada un. Os poios están orientados para dominar as augas e canalizalas polos corredores, para así obrigar a lamprea a pasar por eles, xa que é aquí onde se colocan as grandes redes para atrapalas.
Estas redes, tamén reciben o nome de vitirón ou viturón, teñen forma de cono e está formada no seu interior por unha rede chamada trabadoiro e o exterior están feita con arcos de metal de maior a menor tamaño.
Esta pesqueira da Follagueira foi rehabilitada no ano 2016 a través dun convenio asinado con Turismo de Galicia e desenrolouse en dúas fases. Na primeira delas, leváronse a cabo accións de limpeza; retirada de materiais non acordes (formigón); restauración total con aportación de materiais de similares características ao existente (pedra); preparación de pesqueira de crecida como obradoiro e con colocación de paneis informativos e aparello de pesca; e acondicionamento e melloras de accesibilidade, pavimentando a base de perpiaños. Conta con catro poios, sendo o último en parte natural. Entre estes corpos ábrense tres canles cara a onde se dirixe a auga e neles dispoñíase o vitirón ou viturón para a pesca da lamprea.
Galería:
Localización: