O Pazo da Fraga está situado no barrio de Santa Marta na parroquia de Albeos, a 50 km de Ourense e Vigo, e a 6 km de Portugal.
Trátase dun conxunto histórico do século XV integrado por pazo, canastro, eira, muíño, xardín e terreo de tres hectáreas dedicado á viñedo, piñeiral e bosque poboado exclusivamente de árbores autóctonas.
A Torre de defensa é a construción máis antiga do Pazo, datada do século XV e actualmente alberga a Habitación Señorial. O resto de estancias que conforman o recinto foron construídas posteriormente e as súas funcións foron as propias dunha casa solariega galega, contando con dormitorios, salóns, lareira (cociña tradicional de leña), adegas de viño, cuadras de gando, hórreo e muíño de auga, todas elas existen actualmente. Anteriormente pertencían tamén ao Pazo un gran pombal e unha capela que hoxe en día está cedida.
No Pazo da Fraga estiveron aloxados Don Gonzalo de Córdoba, o Gran Capitán, e Maximiliano de Austria, Emperador de México.
Dispón de cinco habitacións dobres, todas elas con baño, mini bar, teléfono e televisión. Ademais conta con aparcamento, biblioteca, comedor, varias salas e tenda con produtos artesanais da zona.
Na zona pódense desfrutar diversas actividades de aventura como rafting ou puenting, ademais de sendeirismo, rutas a cabalo... E pola súa proximidade con Portugal e coa Serra do Xurés permite realizar unha gran cantidade de actividades relacionadas coa natureza, como é o montañismo.
Cabe destacar que o Pazo da Fraga conta coa categoría A na clasificación de aloxamentos de Turismo Rural de Galicia.
Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.