Este pazo atópase situado no barrio de Santa Marta, na parroquia de Albeos.
Trátase dun conxunto histórico do século XV integrado por pazo, canastro, eira, muíño, xardín e terreo de tres hectáreas dedicado á viñedo, piñeiral e bosque poboado exclusivamente de árbores autóctonas.
A Torre de defensa é a construción máis antiga do Pazo, datada do século XV. O resto de estancias que conforman o recinto foron construídas posteriormente e as súas funcións foron as propias dunha casa solariega galega, contando con dormitorios, salóns, lareira (cociña tradicional de leña), adegas de viño, cuadras de gando, hórreo e muíño de auga. Anteriormente pertencían tamén ao Pazo un gran pombal e unha capela que hoxe en día está cedida.
Presenta unha
planta rectangular, un
patio interior e a un lado unha
torre con pináculos, a cal presenta nun dos seus costados unha garita sobre ménsulas. O
portalón de entrada, alintelado, encóntrase enmarcado por unha moldura plana, presentando na cornixa un copete que engloba ao
escudo da familia Costas e Sarmiento que o posuía en tempos pasados.
Son poucos os datos históricos que temos deste pazo, xa que os seus arquivos foron roubados, pero podemos destacar que nel estiveron aloxados o Gran Capitán Don Gonzalo de Córdoba, e Maximiliano de Austria, Emperador de México.
A capela é unha construción eclesiástica do século
XVIII, con portada alintelada e ventás a cada lado. Posúe unha espadana central cun único van e na cornixa presenta moldura de gola.
Pertencía antigamente ao Pazo da Fraga, pero foi doada á parroquia por parte dun dos seus herdeiros, que dedicado ao exercicio eclesiástico non posuía descendencia. Igualmente aconteceulle á antiga reitoral de Albeos, tamén pertencente en épocas pasadas ao devandito pazo.
Galería:
Localización: