Concello de Crecente

Patrimonio

Igrexa de San Pedro de Filgueira
Rego nº9 - 36490 Filgueira - Crecente (Pontevedra)
Época: Século XVII - XVIII
Estado conservación: Bo
Titularidade: Eclesiástica
Edificada no século XVII-XVIII con axuda das pedras procedentes da antiga capela de San Colmede (antigo anexo de Filgueira) no lugar no que se situaba a ermida de San Antonio, posúe unha inscrición na fachada exterior coa data "1723".

Sitúase esta igrexa parroquial nun recinto de interese polo conxunto de elementos que o forman, destacando de xeito relevante o cruceiro, un tipo singular pola súa base e tratamento do fuste.

Presenta unha portada con arco alintelado, flanqueada por pilastras que rematan cun frontón triangular. Sobre el, ventá e espadana central de dobre van. A fachada enmárcase con pilastras rematadas en pináculos. Os muros presentan tres contrafortes e un viacrucis formado por catorce cruces talladas en baixorrelevo ao longo de todo o seu perímetro. A ábsida destácase en altura con cornixa moldurada en gola.

No interior, a ábsida presenta unha bóveda de aresta. Posúe a igrexa, un arco triunfal de medio punto sobre pilastras. A nave presenta bóveda de canón dividida en catro tramos por arcos de medio punto sobre pilastras.
 

Localización:

Xunta de Galicia
Deputación de Pontevedra
BOE
Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra
DOG
Sede Electrónica Castastro
ORAL - Xestión Tributaria e Catastral
Portal de Transparencia
Concello de Crecente
  • Rúa Solís Ruiz, 5 - 36420 Crecente (Pontevedra)
  • Teléfono: (+34) 986 666 300
  • Email: info@crecente.es

Horario

  • De luns a vernes de 9:00 a 14:30

Parroquias

  • Albeos, Ameixeira, Angudes, Crecente, Filgueira, O Freixo, Quintela, Rebordechán, Ribeira, Sendelle e Vilar.

© 2020 Concello de Crecente - Todos os dereitos reservados // Deseño maquetación e programación web a medida Grupo5.com

Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.

Política de Cookies Aceptar