A bodega resurxe agora a través da cuarta xeración da familia, que ten unha ampla tradición no mundo vitivinícola, incorporando criterios e tecnoloxías actuais e coa intención de proxectarse nun mercado cada vez máis aberto.
A maioría do éxito dos seus viños está nas viñas con traballos e coidados constantes na finca. A materia prima é fundamental para os seus produtos: calidade e pureza.
Elabora viños con Denominación de Orixe Rías Baixas, con albariño e brancellao, unha variedade autóctona recentemente recuperada e cunha colleita escasa en Galicia. Este viños son "Terras do Sur Albariño" e "Terras do Sur Brancellao".
Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.