Concello de Crecente
Benvidos e benvidas á páxina web do Concello Crecente!
Máis moderna, transparente e intuitiva, a nova páxina web do Concello de Crecente, quere ser a porta de entrada ao Concello e o punto de encontro de veciños e veciñas, visitantes e todas aquelas persoas interesadas no noso Concello, na súa historia, tradicións e xentes.
O Concello de Crecente quere, a través deste espazo, amosar un lugar sen fronteiras onde a cidadanía se poida relacionar coa Administración dun xeito máis sinxelo e intuitivo. Un espazo máis transparente no que nun só "clic" poderás acceder a documentación municipal en materia de contratación, persoal, orzamentos e normativa e participar na administración local.
A participación, o diálogo e a transparencia son principios básicos que deben presidir a actuación en todos os ámbitos municipais polo que vos damos a benvida a este portal en continua construción e actualización, para prestar o mellor servizo posible e achegar a Administración á veciñanza.
Benvidos á administración electrónica ao servicio das persoas, agora ti es o protagonista!
Entre lendas e retazos de historias descubrimos que no pobo de Crecente se rendía culto á Lúa dende o alto do Couto da Cruz nas noites de lúa chea e cuarto Crecente. Se cadra, como defendeu Eliseo Alonso na súa obra, de aí proveña a toponimia do concello e esta lembranza gárdase no escudo do Concello entre as chaves de San Pedro e a Torre de Fornelos, símbolos do pobo de Crecente e das súas tradicións.
Crecente é un concello pequeno situado ao sureste da provincia de Pontevedra, cuxas marxes están bañadas polo Miño e se desdebuxan as fronteiras co veciño Portugal e a cidade de Ourense o que crea extraordinarias paisaxes de contrastes dende o val ás montañas, no que o primeiro son as persoas.
É unha satisfacción para min, como alcalde, darvos a benvida a este espazo e convidarvos a coñecer de primeira man e de xeito actualizado os servizos municipais, as novidades do Concello, as actividades ou os procesos selectivos, así como toda a información administrativa, cultural, turística e social.
Julio César García-Luengo Pérez
Alcalde de Crecente
Horario
Parroquias
Información legal
© 2020 Concello de Crecente - Todos os dereitos reservados // Deseño maquetación e programación web a medida Grupo5.com